Ultimas Publicaciones:

 

Axudas para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas titulares ou cotitulares das explotacións agrarias.

Beneficiarios: 1.- Persoas cotitulares de explotacións agrarias incorporadas no réxime especial agrario da seguridade social, sempre que se incorporasen a partir do 1 de xaneiro de 2006 e que o cónxuxe, cotitular da explotación, estea de alta no réxime especial agrario 2.- Persoas incorporadas ao réxime especial agrario, como traballadores por conta propia, sempre que se incorporasen entre o 1 de agosto de 2007 ata o 31 de decembro de 2007 e sexan cónxuxes ou descendentes do titular da explotación, sempre que éste estea acollido ao réxime especial agrario 3.- Persoas incorporadas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos a través do sistema especial agrario, que se incorporasen a partir do 1 de xaneiro 2008 e sexan cónxuxes ou descendentes do titular da explotación agraria que se atope dado de alta no citado réxime e sistema especial. Nestos tres supostos deberán, ademáis, ter 40 anos ou menos no momento da incorporación, e ser beneficiarias da reducción estatal do 30% das cotas á Seguridade Social. 4.- Mulleres incorporadas ao réxime especial agrario a partir do 1 de xaneiro do 2006 ou incorporadas a partir do 1 de xaneiro do 2008 ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos a través do sistema especial agrario, sempre que: a) Teñan 41 ata 45 anos b) Que sexan cónxuxes ou parentes do titular da explotación agraria que se atope dado de alta no citado réxime e sistema especial. 5.- Mulleres de 45 anos ou menos incorporadas ao réxime especial agrario a partir do 1 de xaneiro de 2006 ou incorporadas a partir do 1 de xaneiro de 2008 ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos a través do sistema especial agrario, que accedan a titularidade da explotación agraria: a) Por un proceso de separación ou divorcio b) Tras o falecemento, xubilación ou incapacidade do cónxuxe, descendentes ou ascendentes por consanguinidade ou afinidade ata o segundo grao inclusive. c) Que se incorporen a unha explotación familiar en marcha cando o seu cónxuxe cause baixa no réxime especial agrario, no sistema especial para traballadores por conta propia agrarios ou autónomos. Axudas: 1. A axuda para as persoas beneficiarias incluídas nos supostos reflexados nos puntos 1, 2 e 3 consistirá no aboamento do 20 por 100 da cota por continxencias comúns de cobertura obrigatoria, conforme a isto a axuda correspondente ao ano 2007 será de 30,05 euros mensuais, e a correspondente ao 2008 será de 30,65 euros mensuais. Nestos tres casos esta reducción do 20% ten como finalidade complementar a rebaixa do 30% establecida polo Estado, acadándose, coa suma de ámbalas duas, unha reducción total do 50%. 2. A axuda para as mulleres incluídas nos supostos reflexados nos puntos 4 e 5 consistirá no aboamento do 50 por 100 da cota por continxencias comúns de cobertura obrigatoria, neste caso a axuda correspondente ao ano 2007 será de 75,12 euros mensuais, e a correspondente ao 2008 será de 76,62 euros mensuais. O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro de 2008

AdjuntoTamaño
Autonomos agrarios.Orde completa.PDF127.52 KB