Feplac Galicia
- ¿QUÉN É FEPLAC? É unha asociación de gandeiros que producimos leite, e asociámonos para defensa dos intereses en común das explotacións, ben sexan económicos, medioambientais, como de calquera outra índole, e dar o prestixio merecido aos gandeiros e gandeiras.
- ¿CALES SON OS NOSOS OBXETIVOS E QUÉ QUEREMOS? Defender os intereses do Medio Rural, e en especial os dos gandeiros de leite, prestixiando a nosa profesión e o noso producto xunto coas xentes do campo. Para elo aportar proxectos de futuro, e ideas en aquelo que nos atiñe ao sector, co fin de progresar en calidade de vida. Esta defensa ben sexa cara as administracións, as industrias leiteiras, a oponión pública, aos consumidores, etc... todo aquelo que atiña social e económicamente a nosa actividade.
- ¿CON QUÉ MEDIOS CONTA A ASOCIACIÓN E CÓMO SE COMUNICA? Conta con oficina dotada de persoal administrativo, persoal técnico para asesorar sobre calquer tipo de normativa e instalacións, que afecte a nosa actividade, e tamén servizo xurídico. Servizo informativo a través da revista Ganaderos, mensualmente ao domicilio de cada socio, e a través de esta páxina web. Charlas informativas, importante presencia nos medios de comunicación, etc.
- ÁREA DE ACCIÓN E DEPENDENCIA Feplac é unha asociación de ámbito galego, profesionalizada, e con independencia total para a defensa dos intereses do sector, tendo máis implantación nas áreas máis gandeiras. A súa vez, está asociada en Feplac nacional, para poder operar e influir en decisións importantes no estado español e en Europa, tendo a día de hoxe Feplac Galicia un gran peso de decisión a nivel nacional, sendo galego o Secrerio Xeral, e Presidente un leonés moi destacado pola súa traxectoria no sector cooperativo e gandeiro. Asimesmo, Feplac forma parte da directiva de Confederación de Empresarios de Galicia en representación do Sector Agro Gandeiro.
- ¿QUÉN DIRIXE A ASOCIACIÓN? Está dirixida e presidida por socios gandeiros, sendo elexida a última Xunta Directiva o 20 de decembro de 2007, renovando o total da mesma, dedicándose a traballar en proxectos de futuro para o conxunto do sector. Os seus membros son: PRESIDENTE:
-
Xaquín López Ares. Gandeiro de Mesía (A Coruña), nacido en Sobrados dos Monxes no ano 1963. Cursou estudos de formación agraria na Escola de Capataces Agrarios de Guísamo, aparte de diversos cursos relacionados co sector leiteiro, tanto de producción coma de transformación. É copropietario da SAT FINCA AROSA, xunto con dous irmáns. Foi Alcalde de Mesía 2003-2007 pola Agrupación Municipal Mesía Nova.
VICEPRESIDENTE:
-
José Manuel Tamaredo Domínguez. Gandeiro de Castroverde (Lugo), nacido en Castroverde no ano 1966. Cursou estudos de FP na rama de mecánica. É propietario dunha explotación gandeira en Castroverde, na cal traballa xunto aos seus pais e un empleado.
SECRETARIO XERAL:
-
Andrés Saavedra García. Gandeiro de Ortigueira (A Coruña), nacido en Ortigueira no ano 1979. Cursou FP na rama de Técnico Especialista en Xestións de Explotacións Agropecuarias, título que obtivo na EFA Fonteboa de Coristanco. É copropietario da Granxa Vidueira, S.C. xunto a dous irmáns e seus pais, ademáis é socio da Cooperativa Agrortegal.
TESORERO:
-
Fernando Tubío Busto. Gandeiro de Lousame (A Coruña), nacido en Lousame no ano 1979. É capataz agrícola na rama de gandeiría de leite, título que obtivo na Escola de Capacitación de Sergude-Boqueixón, ademáis é copropietario de Tubío Busto, S.C. xunto coa sua dona e os seus pais.
VOCAL 1º:
-
Bernardino González Pena. Gandeiro de Monfero, nacido en Monfero no ano 1978. É Enxeñeiro Técnico Agrícola pola Facultade de Lugo. Titular dunha explotación familiar en Monfero, socio dunha SAT de gando vacún de carne, e Presidente da Cooperativa Fray Bermúdez Soc. Coop. Galega.
VOCAL 2º:
-
José Manuel Fernández Villar. Gandeiro de Mazaricos (A Coruña), nacido en Mazaricos no ano 1973. Ata fai pouco máis dun ano era titular dunha explotación familiar situada no lugar de Busto, no Concello de Mazaricos. Na actualidade formou xunto con outros tres gandeiros da zona a SAT Busto-Corzón. Neste intre están a espera de trasladar todo o gando das tres explotacións individuais existentes a un moderno establo con capacidade para más de 250 vacas en ordeño, do cal xa se está ultimando a súa construcción. En conxunto dispoñen de 1,5 millóns de kilos de cuota. A base territorial da nova sociedade e superior as 50 hectáreas, das cales 20 son en réxime de alquiler; é ademáis socio da cooperativa FEIRACO.
- Para máis información: Domicilio: Vía Ptolomeo, 16-1º B. Polígono Industrial del Tambre 15890 Santiago de Compostela Teléfono: 981 579 976 Fax: 981 570 087 Correo: galicia@feplac.com