Ultimas Publicaciones:

 

Legislación

Habilitación dos carnés de aplicador-manipulador dos productos fitosanitarios

Publicouse no DOG do 13 de xuño de 2008 a orde do 5 do mesmo mes da Consellería do Medio Rural na que se habilita os carnés de aplicador-manipulador dos productos fitosanitarios expedidos ao abeiro do Ministerio de Presidencia do 8 de marzo de 1.994, para adaptalos á capacitación na orde PRE/2022/2005.

Esta orde afectalle a todos aqueles que fixeran os cursos fitosanitarios antes do 2006 e non o habilitaran, e teñen que facelo.

Para habilitalo hai que:

  • Cubrir unha solicitude.
  • Acompañar copia do DNI.
  • Copia do carné vello de manipulador fitosanitario.
  • 2 fotografías

Para todos aqueles socios que teñan a obriga de habilitar o seu carné, informamoslles que o poden facer a través da oficina de Feplac, ou tamén poden facelo na oficina da Extensión Agraria máis cercana.

O prazo remata o 13 de diciembre do 2008.