Ultimas Publicaciones:

 

Axudas Renovación Maquinaria Agrícola 2009

Se ha actualizado el Ayudas y Subvenciones.

AXUDAS RENOVACIÓN MAQUINARIA AGRÍCOLA Ata o 6 de xullo está aberto o prazo para a concesión de axudas para a renovación do parque de tractores e máquinas automotrices agrícolas de Galicia. A subvención servirá para:- substitución e desmantelamento das máquinas máis vellas- compra de novos tractores e máquinas automotrices e tamén arrastradas como:o sementadoras directas o cisternas para xurros e esparexedoras de fertilizantes sólidos con dispositivos de localizacióno fertilizadoras e equipamentos de aplicación de productos fitosanitarias que posibiliten unha correcta distribución.

As cuantías máximas das subvencións serán:
- Tractor novo: 12.000€
- Máquinas automotrices de recolección: 30.000€
- Resto de máquinas automotrices e arrastradas: 30% do investimento

Os requisitos e compromisos dos beneficiarios son os seguintes:
- axustarse á definición de pequenas e medianas empresas
- ser titular dunha explotación agraria ou ser unha persoa física ou xurídica das establecidas no artigo 2.
- Ser titular dun novo tractor ou máquina achatarrada (inscrita no ROMA polo menos 1 mes antes da data da solicitude)
- Compromiso a non allear o novo tractor ou máquina durante 5 anos
- As persoas xurídicas deberán acreditar que é a súa actividade principal e a producción agraria
- Estar o día nas obrigas fiscais e coa Seguridade Social

Requisitos do tractor ou máquina a desmantelar
- ter máis de 15 anos, e os equipos de recolección ter máis de 10 anos
- estar en condición de uso e non de abandono (con acreditación)

Requisitos do novo tractor e forma de pago da factura
- ser adquirido con data posterior á da solicitude
- quedar inscrito no ROMA como de 1º adquisición
- as facturas deben ser de data posterior á da solicitude de axuda
- hai que acompañar un XUSTIFICANTE BANCARIO que verifique o pago efectivo delas.