Convocatoria de Asignación directa de Cota Láctea da Reserva Nacional
NOTA INFORMATIVA
NOTAS ACLARATORIAS SOBRE A CONVOCATORIA DE ASIGNACIÓN DIRECTA DE COTA LÁCTEA DA RESERVA NACIONAL
1.Solicitantes de reserva:
-Terán que figurar como solicitantes os titulares de cota a 31 de marzo de 2009, en cuxa explotación se recibira unha axuda para 1ª instalación e/ou plan de melloras aprobados só nos 2007 e/ou 2008 (advírtese que o titular da axuda non ten porque coincidir co solicitante).
-No caso de que entre o 1 de decembro de 2008 e a data actual se tivera tramitado unha transferencia con explotación por cambio de titularidade a favor dun novo titular, a solicitude de reserva deberá ser presentada polo transferidor por non ser ainda o adquirente titular de cota e explotación, xa que as citadas transfencias están ainda sen resolver.
-No caso de mozos con axudas a 1ª instalación e/ou plan de melloras aprobados, ainda non incorporados e sen tramitar ata a data de hoxe a transferencia de cota con explotación, o solicitante da reserva deberá ser tamén o titular actual da cota.
2. Documentación
-Non é preciso xustificar documentalmente a condición de UTA da explotación, nin a de ATP, agás o indicado no parágrafo seguinte.
-A xustificación da condición ATP só é preciso para o caso de mulleres membros de Sociedades, e neste caso, ademáis da documentación requirida no impreso de solicitude, se a agrupación é unha Sociedade Mercantil, SAT ou Cooperativa, deberán presentar o Imposto de Sociedades.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
DOCUMENTACIÓN QUE SE XUNTA (sinalar cun X os documentos que se acompañas á solicitude).
1.- Persoas Físicas:
- Fotocopia do DNI/CIF (anverso o reverso) do titular da explotación.
- Xustificación do número de UTAS da explotación (informe de vida laboral).
2.- Cooperativas agrarias de producción, SAT, sociedades civís, comunidades de bens e outras persoas xurídicas:
- Fotocopia do CIF da explotación.
- Fotocopia do DNI/NIF de todos e cada un dos socios da agrupación.
- Fotocopia do NIF do representante e poder suficiente.
- Certificado orixinal do órgano compertente da sociedade no que figure a relación actualizada de socios e número de ATPs identificados (nome e DNI/NIF),
- No caso de explotacións asociativas, as mulleres que a integren deben presentar a documentación xustificativa da condición de ATP (Renda 2008, certificado de retencións de rendemento de traballo persoal, se é o caso informe da vida laboral).
- Certificado do órgano xestor da sociedade ou documento acreditativo no caso de comunidades de bens no que conste o acordo de solicitar as cantidades da Reserva Nacional e a identificación da persoa autorizada para solicitalas.
- Xustificación do número de UTAs da explotación (informe de vida laboral).
3.- Outra documentación (indicar).
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Limitacións
-220.000 Kg por uta
3.Modificacións do Real Decreto 1012/2009
A publicación do RD 1012/2009, de 19 de xuño, introduce unha serie de modificacións sobre o sistema de xestión de cota láctea que afectan ao RD 347/2003, do 21 de marzo, polo que se regula o sistema de cota láctea, e que se recollen a continuación:
3.1. Reducción ou retirada de cota láctea
Modifícanse os apartados 1 e 2 do artigo 5 do RD 347/2003: Para o cálculo da retirada de cota láctea a practicar con efectos para a campaña 2010/2011, para os produtores que non utilizaron a totalidade da súa cota nos dous períodos anteriores a este, aplicarase a porcentaxe de utilización do 70% para a campaña 2008/2009 do 85% para a campaña 2009/2010.
3.2. Limitacións asociadas ás asignación de Reserva
Modifícase o apartado 2 do artigo 22: Os beneficiarios da asignación de cotas da reserva nacional comprométense a non transferir sen explotación nin ceder temporalmente cota durante 3 períodos contados a partir do período no que tiveran recibido unha asignación da reserva nacional (Polo tanto os beneficiarios da última convocatoria do fondo 2005/06 e do Banco coordinado de cota láctea 2006/2007 quedan liberados desta limitación).
3.3. Cesións temporais
Quea sen contido o apartado 1 do artigo 47, de tal xeito que non hai limitacións de campañas para realizar cesións temporais (ata agora só se podìan tramitar dúas cesións temporais consecutivas).