PLANS DE MELLORA
O 5 de xaneiro publicábase no DOGA a Orde do 29 de decembro de 2010 da Consellería do Medio Rural pola que se modifica a Orde do 31 de maio de 2010, que establece as bases reguladoras das axudas para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2011.
O motivo da modificación da Orde de maio foi a proximidade do inicio do exercicio orzamentario 2011, xa que procedía realizar a convocatoria correspondente a ese ano e facer algunha modificación puntual nas ditas bases reguladoras.
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e a convocatoria das seguintes liñas de axuda:a) Realización de plans de mellora nas explotacións agrarias.
b) Primeira instalación de agricultores mozos ou mozas.
Poderán ser beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións ou que pretendan selo e que cumpran os requisitos recollidos nesta orde.O prazo de presentación de solicitudes é ata o 28 de febreiro de 2011, inclusive.
| Adjunto | Tamaño |
|---|---|
| doga 5 xaneiro2011.pdf | 80.6 KB |