I HOMENAXE Á VACA
Dende fai séculos asóciase a imaxe da vaca a Galicia. Hoxe a vaca constitúe a columna vertebral do medio rural en Galicia. As máis de 450.000 vacas das 12.000 granxas leiteiras producen 2,3 millóns de toneladas de leite ó ano (máis do 35 % da produción estatal), sen ter en conta a produción de carne, datos que fan de Galicia a primeira potencia leiteira española.
Tendo en conta todo isto, e non tendo a vaca ningún homenaxe deste tipo, dende a Asociación Mesía Unida, en colaboración con Feplac, decidíuse celebrar o I HOMENAXE Á VACA, o cal ten como obxectivo eloxiar á VACA como fonte de VIDA e RIQUEZA DO RURAL e, ó mesmo tempo, prestixiar o traballo dos gandeiros galegos, e máis nos tempos que corren.
O Homenaxe terá lugar o día 30 de xullo do 2011, en Xanceda - Mesía, e poderán acudir todas aquelas persoas que o desexen, independientemente do concello ó que pertenzan, xa que entendemos que todos os concellos desta zona son eminentemente gandeiros e, polo tanto, é un evento dirixido a todos eles.
Tamén se realizará un concurso de carteis, con un total de sete premios de importantes cuantías económicas, patrocinados por importantes empresas do sector gandeiro, dos cales tres irán destinados ó público infantil.
Premiaranse os traballos que o xurado considere que mellor recollen a imaxe da relevancia da vaca na sociedade galega.
- As bases do concurso poden consultarse na páxina web de Feplac: www.feplac.net
- A entrega dos premios terá lugar o día 30 ás 13:00 horas, e os encargados de dar os premios serán os patrocinadores dos mesmos.
- Logo da entrega de premios celebrarase unha comida campestre, a base de productos relacionados coa vaca.
E todo isto coa actuación de Música de calidade.
Sería para nós un enorme pracer contar coa súa presencia e colaboración neste homenaxe.
As entradas pódense retirar en Caixa Galicia de Xanceda e na Tenda dos Queixos (antes do 26 de xullo).