Ultimas Publicaciones:

 

FORO EMPRESARIAL - Claves para a recuperación económica

As dificultades que afectan á economía e o menoscabo que está sufrindo a producción da nosa comunidade, impulsaron á Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) a convocar un gran encontro empresarial co obxectivo de analizar a evolución dalgúns dos aspectos de maior incidencia na actividade empresarial e poñer en valor as estratexias e propostas que sostemos para reactivar a economía.

A tales efectos, o FORO EMPRESARIAL - CLAVES PARA A RECUPERACIÓN ECONÓMICA, enmarcado ademáis nos actos do 30 aniversario da CEG, terá lugar o vindeiro 9 de novembro, en Santiago de Compostela, no Auditorio de Galicia, ás 10:00 horas e contará coa participación de destacadas autoridades e personalidades que ofrecerán o seu parecer sobre a deriva da crise e a eficacia das novas medidas adoptadas para a reversión. Tamén intervirán na sesión de clausura o Presidente da Xunta de Galicia, D. Alberto Núñez Feijóo e o Presidente do CEOE, D. Juan Rosell y Lastortras.

No seguinte enlace pódese acceder ó programa: programa del Foro Empresarial – Claves para la recuperación económica.